Argot, laberinto Sonoro
Posted: by http://deus-ex-machina.atspace.com/ inLonxe quedan as palabras de Mozart avogando por unha supremacía da música respecto á palabra para as obras vocais. Durante séculos, os compositores intentaron que a música sobresaíse por riba de calquera outra dimensión artística coa que convivise; Wagner, impelido por Nietzsche, transmuta esta tendencia, ao defender a integración das artes na obra de arte total, nas que a experiencia artística se aborda por igual mediante a escenografía, o libreto, o vestiario, as voces e a orquestra. As fronteiras entre as artes e os límites sonoros da música traspásanse durante o século vinte, coa irrupción do ruído na música, grazas ao dadaísmo e o futurismo, e especialmente desde a experimentación que vén da man da música fractal e a espectral.
++ Info: http://www.cgac.org/index.php?id=41&idn=469